12 de Xullo do 2018: Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

Cada 12 de xullo celébrase o Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por máis de 51.300 avogados de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e Quenda de Oficio.

Segundo o XII Informe do Observatorio da Xustiza Gratuíta, realizado polo CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) en colaboración con Wolters Kluwer, Galicia invertiu un 7% máis en Xustiza Gratuíta con respecto ao 2016.

A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:

  • Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
  • Desde aquí poderás ler e descargar o XII Informe do Observatorio da Xustiza Gratuíta.
  • Este vídeo a modo de presentación resume en que consiste e como funciona o servizo da Xustiza Gratuíta:

Xustiza Gratuita from Abogacía Española on Vimeo

  • A través desta vídeo-serie de debuxos animados, exemplifícanse tres casos nos que se podería solicitar o servizo:

Turno De Oficio_Desahucio from Abogacía Española on Vimeo.

 

Turno De Oficio_ Agresion from Abogacía Española on Vimeo.

 

Turno De Oficio_ Despido from Abogacía Española on Vimeo.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies