Author Archive admin

Comunicado do Consello da Avogacía Galega verbo das negociacións das condicións da Quenda de Oficio

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024. Nun encontro clave dentro das negociacións para a mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta, o Consello da Avogacía Galega e a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia lograron avances significativos hoxe, tras unha reunión produtiva que contou coa presenza dos decanos e decanas dos sete colexios da avogacía de Galicia e o Director Xeral de Xustiza. Este encontro, marcado polo diálogo construtivo e o compromiso mutuo, resultou en acordos fundamentais que reflicten optimismo cara á consecución das reivindicacións históricas da avogacía.


Ler o comunicado completo

VIII Xornadas de Dereito de Familia

Os días 12 e 13 de abril terá lugar unha nova edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e polo Consello da Avogacía Galega.

Read More

As modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023

O Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza unha xornada que se retransmitirá vía streaming para toda a avogacía galega, sobre as modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023, de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.

Read More

O contador partidor non testamentario

O Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza esta xornada que se retransmitirá a través de Zoom para toda a avogacía galega:

Read More

Conferencias en liña sobre a Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies