Curso de Especialista en Valoración de Danos e Perdas Causados ás Persoas en Accidentes de Circulación

O 1 de xaneiro do 2016 entrou en vigor o novo sistema de valoración de danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación.

O obxectivo da revisión da Lei do 95 foi conseguir que as indemnizacións foran máis acordes á situación da vítima. Así, mediante un sistema de táboas, ademais de ter en conta os danos e perdas físicas e morais, incorpóranse ao cálculo as circunstancias persoais, familiares, laborais ou profesionais das vítimas e danados. (más…)

Leer Más

Curso Práctico de Especialista en Contabilidade

A presenza da Contabilidade nas Ciencias Xurídicas adquiriu unha gran significación conforme á evolución do mundo dos negocios. Os xuristas precisan comprender a linguaxe contable e ter unhas nocións básicas da técnica rexistral contable, dos estados financeiros das empresas e dos traballos e informes realizados polos auditores de contas. Ditos coñecementos seranlles necesarios para afrontar en moitas ocasións a información financeira publicada polas empresas ou conceptos contables específicos, calquera que sexa a rama do dereito á que se adiquen.

(más…)

Leer Más

Novo curso de comunicación: Modelo Bridge

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS EDICIÓNS DE FERROL E PONTEVEDRA ATA O 21 DE ABRIL, INCLUÍDO

 

O Consello da Avogacía Galega organiza unha nova xornada formativa sobre comunicación, a realizar nos Colexios de Avogados de Galicia. Nesta ocasión, tratarase o modelo Bridge, segundo o cal, existen 4 estilos relacionais básicos nos que todos nos podemos enmarcar e que representan formas moi diferentes de comunicarse e relacionarse cos demais.

(más…)

Leer Más

Curso de Xurisdición Voluntaria

Este curso busca formar aos letrados e letradas nas actualizacións acaecidas pola publicación da Lei 15/2015 da Xurisdición Voluntaria, que desxudicializa determinadas actuacións que antes eran de competencia exclusiva dos xuíces e agora son competencia dos letrados da Administración de Xustiza, notarios e rexistradores da propiedade. (más…)

Leer Más

Curso sobre a Reforma do Código Penal

O 1 de xullo do 2015 entrou en vigor a Lei Orgánica 1/2015 da reforma do Código Penal.

O Código, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, é obxecto dunha profunda revisión e actualización, adaptándose aos novos tempos: introdúcense novas figuras delituosas e adecúanse os tipos penais existentes para ofrecer unha resposta máis axeitada ás novas formas de delincuencia, ao mesmo tempo que se suprimen infraccións que, debido á súa escasa gravidade, o lexislador entende que non merecen reproche penal. (más…)

Leer Más

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies