Os avogados galegos asesorarán gratuitamente a persoas afectadas por incendios forestais

  • Os Colexios de Avogados de Galicia asesorarán ás persoas afectadas polos incendios forestais producidos o mes pasado en Galicia
  • A iniciativa, que parte do Colexio de Avogados de Lugo, aproveitará a infraestrutura creada grazas a un Convenio asinado coa Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia

  (más…)

Leer Más

Plan Estratéxico da Avogacía 2017-2020

Cinco eixes estratéxicos para traballar por unha Xustiza máis áxil, moderna e eficaz: unha avogacía confiable e preparada, unha avogacía defensora e garante do servizo público da Xustiza, unha avogacía comprometida cos dereitos dos cidadáns, unha avogacía innovadora e tecnoloxicamente avanzada e unha avogacía europea con visión global (más…)

Leer Más

Victoria Ortega reclama un Pacto de Estado para crear unha Xustiza “que mereza tal nome”

A nova presidenta do Consejo General de la Abogacía, Victoria Ortega, reclamou durante a toma de posesión do seu cargo un Pacto de Estado pola Xustiza cun obxectivo “claro e posible: configurar, mediante consenso, un modelo de administración de Xustiza que mereza tal nome dentro dun verdadeiro Estado Social e Democrático de Dereito; un Pacto para sacar á Xustiza do Século XIX e levala definitivamente ao século XXI; un Pacto presidido non por criterios de oportunidade política, senón desde o coñecemento da realidade dos nosos xulgados e do traballo de todos os que actuamos na devandita administración, e en ningún caso desde actitudes compracentes que a longo prazo deriven nunha maior e máis profunda insatisfacción do cidadán”. (más…)

Leer Más

Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do Colexio de Avogados da Coruña

 

 

Hoxe foi día de eleccións no Colexio de Avogados da Coruña. Despois dunha xornada cunha asistencia masiva de votantes, Agusto Pérez-Cepeda Vila foi elixido decano. Obtivo un total de 1311 votos, fronte aos 694 de Rafael Arangüena Sande, o outro candidato ao decanato.

(más…)

Leer Más

Lourdes Carballo Fidalgo, nova decana do Colexio de Avogados de Vigo

 

 

Case 800 colexiados (780) participaron nas eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Vigo, celebradas o venres 19 de novembro. Os candidatos que optaron ao decanato foron Lourdes Carballo, Josefina Barros e Miguel Hinrichs.

(más…)

Leer Más

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies