Skip to main content

21 de xaneiro, Día Europeo da Mediación

A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.

Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.

Leer más

Oferta de emprego

O Consello da Avogacía Galega está a buscar un/ha xestor/a de formación.

 

Leer más

As persoas con discapacidade ante os procedementos xudiciais

Xornada que se celebrará o venres 16 no Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.

Organizan o Colexio de Ferrol e a Fundación Avogacía Española. Colaboran FEAPS, CERMI e a Fundación ONCE.

 

Máis información

O Consello Xeral da Avogacía Española eleva unha queixa pola actuación do goberno húngaro coas persoas refuxiadas

Se o goberno húngaro persiste en manter este maltrato inhumano, manifestamente desproporcionado e ilegal, as autoridades europeas deberán impoñer sancións a Hungría.

Leer más

12 de xullo, Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

A Constitución Española recoñece aos cidadáns sen recursos o acceso á Xustiza Gratuíta. Así, todos os cidadáns españois, os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar, disporán dun avogado e dun procurador de forma gratuíta. Este dereito tamén é recoñecido a outros suxeitos.

Leer más

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies