violencia

Curso de violencia sobre a muller

O Consello da Avogacía Galega, na súa plataforma formativa, está a desenvolver o Curso de violencia sobre a muller.

É gratuíto para avogados/as exercentes e ten máis de 1200 alumnos e alumnas.

O Curso conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e foi elaborado a partir dun programa aprobado polo CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) e rediseñado pola Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega.
O Curso estará aberto ata decembro de 2016 e supón unha carga lectiva de 250 horas.

A elaboración do Curso desenvolveuse durante case que un ano pois a materia e, en especial, a LO 1/2004, de medidas de protección integral da muller vítima da violencia de xénero,  foi profundamente afectada en 2015 por diversas e sucesivas leis estatais e autonómicas. Entre outras:

  • Lei do estatuto da vítima
  • Lei de protección da infancia e a adolescencia
  • Reforma da Lei de Xurisdición voluntaria
  • Reforma penal
  • Reforma das Leis de Axuizamento civil e criminal
  • Reforma do Código civil.
  • Decreto lexislativo autonómico 2/2015, que aproba o Texto Refundido das normas en materia de Igualdade, que foi publicado hai escasos días no DOG.

Os materiais utilizados forman parte dun completo repositorio de documentos: normas, sentenzas, informes, artigos, manuais, guías, estatísticas, etc. Moitos deles foron facilitados polo Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, a través da Subcomisión de violencia de xénero do CGAE. Algúns deses materiais, como os relativos aos protocolos policiais ou a parte de normativa e medidas administrativas da C.A. de Galicia, son inéditos.

O equipo de redacción, de carácter multidisciplinar, está formado por persoas que responden a perfís distintos segundo a planificación, desde os elaboradores ata os revisores de contidos.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.