Cursos anteriores

violenciaO Consello da Avogacía Galega organizou un curso de violencia sobre a muller, dirixido especialmente aos letrados e letradas que pretendían acceder ou permanecer na listaxe especial de violencia sobre a muller da quenda de oficio.

O curso presentou un programa formativo de 250 horas lectivas, impartidas integramente en liña, e contou con máis de 1200 alumnos e alumnas do Colexios de avogados de Galicia.

O equipo de redacción, de carácter multidisciplinar, estivo formado por persoas que respondían a perfís distintos segundo a planificación, desde os elaboradores ata os revisores de contidos.

 

Guía do curso

familiar Despois da boa acollida do curso de Mediación impartido entre o 2013 e o 2014, o Consello da Avogacía Galega organizou unha especialización da materia nos ámbitos familiar e, de forma máis sucinta, penal e penitenciario.

O curso impartiuse integramente en liña, desde xullo do 2015 ata marzo do 2016, e supuxo 75 horas lectivas que desenvolveron case 420 profesionais da avogacía galega.

Formadores:

Mediación familiar: Elena Gómez-Segade González e Esther Pérez Marcos, avogadas-mediadoras. María Filomena Garrido Blanco, psicóloga-mediadora.

Introdución á mediación penal e penitenciaria: Cándido Soria, avogado-mediador.

 

Guía do curso

menores O Dereito penal de menores é unha disciplina que está a acadar un gran desenvolvemento nos últimos anos, debido á preocupación que amosa a sociedade ante o fenónemo da delincuencia xuvenil e as súas novas manifestacións.

Este curso, impartido integramente en liña e cun total de 50 horas lectivas, desenvolveuse desde xullo do 2015 ata marzo do 2016 e contou coa participación de 780 alumnos/as.

Os formadores foron Vicente Bellón Martínez -avogado e director do curso- e Sergio Aramburu Guillán -avogado, Secretario técnico do Consello da Avogacía Galega e colaborador na parte técnico-xurídica-.

 

Guía do curso

estranxeiriaCurso de 100 horas de duración e realizado integramente en liña. A súa superación habilita para pertencer ás listas especiais da Quenda de Oficio dos Colexios galegos nesta materia.

O director do curso foi Juan José Vázquez Rodríguez, asesor da Unidade de Migracións do Concello da Coruña.

A actividade formativa comezou en novembro do 2014 e rematou en maio do 2015. Contou coa participación de máis de 1000 profesionais da avogacía galega.

 

Guía do curso

Shaking handsEste curso, homologado polo Ministerio de Xustiza, realizouse entre os anos 2013 e 2014 e contou cunha parte teórica en liña, de 67 horas, e unha parte práctica, de 35 horas. En total 102 horas que serviron para acreditar ao titulado como Mediador no rexistro do Ministerio de Xustiza.

A coordinadora do curso foi Rosa Sánchez González-Dans, avogada-mediadora. Os talleres prácticos foron desenvolvidos por numerosos profesionais do eido da mediación, a través da técnica do role playing.

En total, aproximadamente 900 avogados e avogadas galegos recibiron formación a través deste curso. Sobre 600 alumnos acadaron o número de horas mínimo (100 horas) para poder inscribirse no Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza.

 

Guía do curso

 

Acceso á aula virtual

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.