curso concursalABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 30 DE ABRIL DO 2018


Ver información sobre próximos cursos do Consello da Avogacia Galega



Neste curso analízanse todas as cuestións que determinan as actuacións a levar a cabo no procedemento concursal e que desembocan no auto de declaración do concurso, e todo actualizado segundo os cambios introducidos pola última normativa.


A formación é impartida integramente en liña e supón 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.


José Ignacio Losada Castillo, avogado e administrador concursal, é o titor desta actividade formativa.


Para máis información:

 


Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.