logo_consello_03

O sistema de información xudicial Minerva voltará á súa versión anterior para evitar problemas de seguridade

Os xulgados de Galicia, xunto con outras sete comunidades, empregan a aplicación Minerva, un sistema de información xudicial dependente do Ministerio de Xustiza.

Nos últimos días detectouse un fallo de seguridade que permitía visualizar e modificar causas abertas en expedientes por usuarios do programa sen ese tipo de privilexios.

O Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia acordaron reinstalar a versión anterior do sistema de xestión procesual Minerva, xa que non inclué a opción de modificar documentos. Esta medida seguirá vixente ata que o Goberno corrixa o erro da versión actual.

 

Noticias relacionadas:

  • (9 de agosto do 2017). “Alerta judicial por los fallos de programas informáticos”. Atlántico. Dispoñible en: http://www.atlantico.net/articulo/vigo/alerta-judicial-fallos-programas-informaticos/20170809002405602054.html

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.