felixmondelo

Félix Mondelo Santos, novo presidente do Consello da Avogacía Galega

  •  Foi elixido no Pleno do Consello celebrado hoxe en Granada coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios de Avogados de Galicia
  • Os novos cargos do Consello foron acordados por unanimidade


A Coruña, 1 de xuño de 2017. O Pleno do Consello da Avogacía Galega reunido hoxe en Granada con motivo das Xornadas de Xuntas de Goberno dos Colexios de Avogados, coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios de Avogados de Galicia elixiu por unanimidade novo Presidente do Consello a Félix Mondelo Santos, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, sucedendo a Evaristo Nogueira Pol no cargo.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce a profesión desde o ano 1981, desempeñando durante estes anos a asesoría xurídica de diversas empresas e entidades. O 13 de decembro de 2010 resultou elixido Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo.

Nesta reunión do Pleno Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, foi elixido vicepresidente do Consello. Esta reunión contou coa asistencia de Francisco Rabuñal Mosquera, Decano en funcións do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

 

Pleno do Consello da Avogacía Galega

O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado do vindeiro modo:

  • Presidente: Félix Mondelo Santos, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo
  • Vicepresidente: Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra
  • Secretaria-Tesoureira: Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense

Vogais:

  • Nieves Santomé Couto, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol
  • Augusto Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Coruña
  • Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
  • Francisco Rabuñal Mosquera, Decano en funcións do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.