O Consello da Avogacía Galega mostra a súa preocupación pola folga de Xustiza e chama ás partes a retomar o diálogo

A Coruña, 5 de febreiro de 2018. Ante a folga indefinida convocada polos funcionarios públicos ao servizo da Administración de Xustiza a partir do próximo día sete de febreiro, o Consello da  Avogacía Galega quere realizar as seguintes declaracións:

 

  • A folga anunciada levará inevitablemente un grave quebranto no funcionamento dun servizo publico tan transcendente para a cidadanía como o é a Xustiza.

 

  • Por esa razón realizamos un chamamento ás partes para que retomen o diálogo e para que colaboren activamente na consecución dunha solución satisfactoria para todos. Só así poderá garantirse o funcionamento da Administración de Xustiza en condicións adecuadas e darse resposta á prestación dun servizo esencial que é á vez un dos valores recoñecido no artigo 1 da Constitución Española.

 

  • A Avogacía confía no bo sentido de todos e apela ao sentido da responsabilidade, que debe imperar para superar o conflito.

 

Leer comunicado de prensa en castellano

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies