Convócanse as subvencións do Programa de infravivenda correspondente ao Plan rehaVIta

No DOG nº 101, do 30 de maio do 2017, publícase a Orde do 11 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2017.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

 

Ver Orde na web da Xunta

Ver Orde en PDF

 

Tamén se publica un extracto relativo á dita Orde:

Ver extracto na web da Xunta

Ver extracto en PDF

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies