
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
octubre 2019
V Xornadas de Mediación de Pontevedra
Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. O prazo de inscrición remata o día 18 de outubro ás 13 horas. Máis información na web do Colexio de Pontevedra.
Más información »Xornada sobre a UNE 19601, sobre Compliance Penal en España
Organizada polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña. Terá lugar no salón de actos colexial, de 17 a 19 horas. No mesmo acto presentarase a Asociación Galega de Compliance. Máis información na web do Colexio da Coruña.
Más información »O papel da Avogacía na detección e a defensa das vítimas de trata con fins de explotación sexual
Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, en colaboración coa Aula de Dereitos Humanos da Fundación Abogacía Española. A xornada terá lugar o día 25 de outubro de 11 a 13 horas no salón de actos colexial. Máis información sobre o programa e inscricións na web do Colexio da Coruña.
Más información »noviembre 2019
Xornadas sobre violencia de xénero e igualdade do ICA Ferrol
Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Esta acción formativa está incluída dentro da formación continua obrigatoria para os adscritos á Quenda especial de Violencia de Xénero e para todos aqueles que desexen integrarse na mesma, sempre e cando cumpran os requerimentos preceptivos para darse de alta na Quenda de Oficio. Repartirase en 10 xornadas de 3 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro do 2019. Máis información sobre o programa, datas de celebración e inscricións…
Más información »febrero 2020
V Xornadas de Dereito de Familia
Organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Galega de Abogados de Familia (AEAFA). O evento terá lugar os días 7 e 8 de febreiro do 2020, na sede de Afundación da Coruña. As inscricións realizadas antes do 3 de xaneiro terán un 10% de desconto, a aplicar no momento do pagamento. Máis información na web das Xornadas
Más información »