
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
noviembre 2017
Sextas Xornadas sobre Cuestións Prácticas de Dereito Procesal Civil
Organizan o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, a Universidade de Vigo e o Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo. O evento terá lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Vigo. Máis información sobre a forma de inscrición e o programa na web do Colexio de Vigo.
Más información »diciembre 2017
Xornada Dereito TIC
Xornada organizada polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. O evento terá lugar o xoves 14 de novembro, de 16 a 21 horas, no salón de actos colexial. Máis información na web do Colexio de Pontevedra.
Más información »febrero 2018
III Xornadas de Dereito de Familia
Organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia. Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié os días 16 e 17 de marzo (aforo limitado). Aqueles e aquelas que se inscriban antes do 1 de marzo, dispoñerán dun 10% de desconto sobre as tarifas establecidas. Máis información na web das Xornadas.
Más información »I Xornadas de Dereito Mercantil
Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. O Colexio informará oportunamente sobre o lugar e hora de celebración de cada unha das xornadas: Febreiro 2018: Día 20.- Francisco Javier Menéndez Estébanez, Presidente Audiencia Provincial de Pontevedra, ponencia: “Aspectos máis relevantes sobre a responsabilidade dos administradores sociais polo déficit concursal”. Día 21.- Jacinto José Pérez Benítez, Maxistrado Audiencia Provincial de Pontevedra, ponencia: “A persoa xurídica administrando sociedades”. Día 22.- Alfonso Muñoz Paredes, Maxistrado do xulgado do Mercantil nº 1…
Más información »junio 2018
I Xornadas de Mediación do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol
O Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol organiza estas xornadas, que contan coa colaboración do Consello da Avogacía Galega. Contarán coa presenza de importantes expertos en mediación, como Ana Mª Carrascosa Miguel (Maxistrada experta do CGPJ en Mediación), Anna Vall Riu (Lda. en Dereito, Mediadora, Profesora da Universidade de Barcelona) e Antonio Tula (Avogado-Mediador). O evento terá lugar os días 1 e 2 de xuño no salón colexial. O prazo de presentación de instancias remata o venres 25 de maio do…
Más información »