
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
octubre 2017
A mediación no ámbito dos conflitos veciñais
Xornada organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e impartida por Olga Faílde Picallo, Elena Gómez-Segade González e Esther Pérez Marcos. O evento terá lugar o mércores, 18 de outubro, ás 17 h. no salón de actos colexial. Máis información na web do Colexio.
Más información »Xornada sobre accidentes de tráfico
Organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. A xornada contará coas seguintes intervencións: Oferta e resposta motivada. Informes de biomecánica en accidente de tráfico en colisións a baixa velocidade. Lesións da columna cervical en accidentes de baixa intensidade. O evento terá lugar o mércores, 25 de outubro, ás 17.30 no salón de actos colexial. Máis información no Colexio de Santiago.
Más información »noviembre 2017
A responsabilidade do empresario e os seus seguros
Xornada organizada pola Cátedra Fundación Inade - UDC, coa colaboración da Xunta de Galicia, IGAPE, Confederación de Empresarios de Galicia e Consello da Avogacía Galega. 15 Expertos intervirán en tres mesas redondas para dar resposta ás dúbidas dos asistentes sobre as responsabilidades do empresario e como xestionar ese risco e transferilo á industria aseguradora. O evento terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da Coruña, o xoves 9 de novembro de 15.45 a 20.15 horas. Aforo limitado. Ver invitación…
Más información »III Xornadas de Mediación
Xornadas organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. O evento terá lugar os días 16 e 23 de novembro no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Máis información na web do Colexio de Pontevedra.
Más información »V Xornadas de Avogados e Avogadas de Violencia de Xénero
Organizan o CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) e o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega. Expertos de toda España abordarán temas como estratexias para a atención ás vítimas ou a análise do pacto de estado, entre outros. Os interesados e interesadas en asistir, deberán formalizar a súa inscrición enviando o seguinte boletín a merchi@icavigo.org, xunto co xustificante de ingreso. O programa do evento e o boletín de inscrición na web do…
Más información »