
- Este evento ha pasado.
Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2017-2018
31 octubre, 2017-6 noviembre, 2018

Organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.
O curso ten como obxectivo que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do chan. Para ese efecto, pártese da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.
Os empregados públicos con dereito a bonificación deberán formalizar a súa inscrición antes do 18 de outubro. O resto dos interesados dispoñen de prazo ata o 25 de outubro.
Máis información na web do COAG