
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
octubre 2019
I Congreso Internacional e V Congreso Nacional de Mediación de FAPROMED
A Federación Nacional de Asociacións de Profesionais da Mediación (FAPROMED) organiza este evento, que terá lugar os días 25 e 26 de outubro na Coruña. O Congreso contará coa presenza de relatores e profesionais de acreditado prestixio dos eidos xurídico, social e económico, así coma tamén da sociedade civil. Terá un enfoque de propostas de respostas e solucións para implmentar e difundir a mediación, sendo o seu título Mediación: Un mar de solucións. Ver programa do Congreso Máis información na…
Más información »O papel da Avogacía na detección e a defensa das vítimas de trata con fins de explotación sexual
Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, en colaboración coa Aula de Dereitos Humanos da Fundación Abogacía Española. A xornada terá lugar o día 25 de outubro de 11 a 13 horas no salón de actos colexial. Máis información sobre o programa e inscricións na web do Colexio da Coruña.
Más información »IV Encontro pola Corresponsabilidade
Organiza Executivas de Galicia e celebrarase o 26 de outubro na sede de Afundación de Vigo. Esta nova edición baixo o título "A Coeducación como ferramenta de respecto e igualdade entre homes e mulleres" está adicada á co-educación, un concepto básico para avanzar na igualdade e que contará con importantes expertos no tema. Máis información na web de Executivas de Galicia.
Más información »noviembre 2019
Xornadas sobre violencia de xénero e igualdade do ICA Ferrol
Organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol. Esta acción formativa está incluída dentro da formación continua obrigatoria para os adscritos á Quenda especial de Violencia de Xénero e para todos aqueles que desexen integrarse na mesma, sempre e cando cumpran os requerimentos preceptivos para darse de alta na Quenda de Oficio. Repartirase en 10 xornadas de 3 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro do 2019. Máis información sobre o programa, datas de celebración e inscricións…
Más información »febrero 2020
V Xornadas de Dereito de Familia
Organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Galega de Abogados de Familia (AEAFA). O evento terá lugar os días 7 e 8 de febreiro do 2020, na sede de Afundación da Coruña. As inscricións realizadas antes do 3 de xaneiro terán un 10% de desconto, a aplicar no momento do pagamento. Máis información na web das Xornadas
Más información »