
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
junio 2019
XXVIII Congreso Dereito e Saúde
O Congreso, baixo o título "Ética, innovación e transparencia en saúde", está organizado pola Asociación de Xuristas da Sáude e terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño do 2019 en Bilbao. Os temas a tratar abordaranse desde diferentes formatos: conferencias, mesas plenarias, presentación de comunicacións e mesas de traballo. Máis información sobre o programa e a forma de inscrición na web do Congreso.
Más información »Conferencia «Avogacía e branqueo de capitais»
Organiza a Agrupación de Avogados Novos de Pontevedra, coa colaboración do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. A conferencia estará impartida por Alejandro Seoane Pedreira, avogado e presidente da Agrupación de Avogados Novos de Ferrol (AJA Ferrol). No primeiro punto da xornada tratarase de analizar como foi a evolución de este fenómeno desde a súa orixe ata a actualidade. O punto central da xornada serán os apartado relativos á análise do tipo penal de branqueo, como cumprir coa normativa…
Más información »octubre 2019
V Xornadas de Mediación de Pontevedra
Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. O prazo de inscrición remata o día 18 de outubro ás 13 horas. Máis información na web do Colexio de Pontevedra.
Más información »Dereito procesal penal e garantías de defensa da persoa xurídica
Xornada organizada polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, en colaboración con SF Formación e Tirant lo Blanch. O evento terá lugar o día 30 de outubro, de 17 a 19 horas, no salón de actos colexial. Máis información sobre o programa e inscricións na web do Colexio da Coruña.
Más información »Xornada sobre a UNE 19601, sobre Compliance Penal en España
Organizada polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña. Terá lugar no salón de actos colexial, de 17 a 19 horas. No mesmo acto presentarase a Asociación Galega de Compliance. Máis información na web do Colexio da Coruña.
Más información »