
- Este evento ha pasado.
VI Congreso Internacional sobre Prevención e Represión do Branqueo de Diñeiro
12 julio, 2018-13 julio, 2018

Os días 12 e 13 de xullo terá lugar na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela o VI Congreso Internacional sobre Prevención e Represión do Branqueo de Diñeiro, que terá carácter mundial.
A organización do evento está coordinada polo Dr. Nielson Sánchez Stewart, anterior presidente da Comisión Especial de Prevención do Branqueo de Capitais do Consejo General de la Abogacía Española, e polo Dr. Miguel Abel Souto, presidente da Asociación Iberoamericana de Dereito Penal Económico e da Empresa e Catedrático acr. de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela.
Comunicacións
Os matriculados no Congreso poderán presentar comunicacións cuxa exposición oscile entre cinco e dez minutos; para participar deberán enviar a miguel.abel@usc.es, antes do 11 de xullo, un resumo dun folio da súa comunicación.
Inscrición
- Avogados, estudantes e investigadores: 50 €.
- Outros interesados: 70 €.
Máis información sobre as comunicacións e a inscrición no programa do Congreso