Skip to main content

Reflexións para a actualización do Dereito Civil de Galicia

Xornada xurídica que terá lugar o 12 de decembro en Vigo.  Organizada polo Colexio Notarial de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza.

Constará de tres mesas de debate na que os ponentes, coordinados por un moderador, expoñerán as súas propostas de actualización e modernización dalgunhas das institucións do dereito galego.

Os temas das mesas serán: Dereito de Familia, Montes Veciñais en Man Común e Dereito de Sucesións.

Eleccións á Xunta de Goberno no ICA Ourense

O 11 de decembro terán lugar as eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Ourense. Renóvanse os cargos do Decanato, Vicedecanato, Secretaría e dous vocais.

I Congreso de Derechos Humanos de la Abogacía Española

A Fundación Abogacía Española organiza os días 10 e 11 de decembro o I Congreso de Dereitos Humáns da Avogacía Española, centrado na prevención dos malos tratos e a tortura.

O evento, aínda que está dirixido principalmente a avogados e avogadas, tamén será punto de encontro de actores relacionados coa materia desde diversas esferas da defensa, o respecto e a protección dos dereitos fundamentais da cidadanía.

O Congreso contará coa participación de Nancy Hollander, avogada e representante legal de dous presos de Guantánamo e da soldado Chelse Manning, condeada polo caso Wikileaks a 35 anos de privación de liberdade.

 

Xornada «Emprender non necesariamente é crear unha S.L: novos modelos de traballo para a innovación social»

O 4 de decembro terá lugar a xornada de clausura do programa formativo para emprendedores desenvolvido no Gaiás este outono.

A xornada  Emprender non necesariamente é crear unha S.L: novos modelos de traballo para a innovación social estará a cargo de Javier de la Cueva, avogado experto en propiedade intelectual.

A inscrición é de balde e as prazas son limitadas.

2º Aniversario da funesta Lei de taxas xudiciais

O CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA SOLICITA DE NOVO A DERROGACIÓN INMEDIATA DAS TAXAS XUDICIAIS

Esta Lei consagrou en España unha xustiza para ricos e outra para pobres

Cúmprense dous anos da aprobación Lei 10/2012, de 20 de novembro, pola que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicología e Ciencias Forenses, que entrou en vigor o 1/1/2013 e consagrou en España unha xustiza para ricos e outra para pobres. A tutela xudicial efectiva que recoñece a Constitución no seu artigo 24 resulta claramente vulnerada, algo que nun Estado de Dereito non pode ser tolerado.

Por tal motivo, a Avogacía Galega solicita de novo ao Sr. Ministro de Xustiza a derrogación inmediata desta norma inconstitucional e inxusta.

A sociedade debe reparar no feito de que a vítima deste abuso é a cidadanía, que, malia sufragar o custo da Administración de Xustiza cos seus impostos, cando teña necesidade de valerse dela vaise a atopar un obstáculo económico pensado para disuadirlle e en moitos casos privarlle do acceso á mesma. Así por exemplo, para recorrer unha multa de 200 € estará obrigado a ingresar 100 € de taxas, (igual cantidade á que pode quedar reducida a sanción se se acóllese ao pronto pago) e para formular un recurso de apelación deberá abonar unha taxa por importe mínimo de 800 €.

Para rematar, denunciamos que os perniciosos e irreparables efectos desta norma estanse prolongando no tempo debido ao atraso do Tribunal Constitucional, que, en contra da súa propia doutrina, está demorando de modo inexplicable a resolución dos diversos recursos de inconstitucionalidade que se presentaron (o primeiro deles o 19/2/2013), e das cuestións de constitucionalidade suscitadas por diversos tribunais e xulgados.

En consecuencia, esiximos unha pronta resposta do Tribunal Constitucional que poña fin a esta inaceptable situación.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies