Skip to main content

Declaración do Consello sobre a reforma das taxas xudiciais

 

Declaración do Consello sobre a reforma das taxas xudiciais

Respecto da modificación da Lei de Taxas operada por Real Decreto-Lei ditado o pasado venres, 27 de febreiro de 2015, o Consello da Avogacía Galega quere manifestar o seguinte:

Dende que a avogacía institucional tivo noticia da intención do Goberno de España de instaurar de forma xeralizada as taxas xudiciais, nunha contía fóra de todo límite razoable, foron constantes os nosos actos e manifestacións públicas de protesta, pedindo a súa derrogación e eliminación.

Leer más

Exención das taxas xudiciais ás persoas físicas

O Consello valora positivamente a modificación da coñecida coma Lei de Taxas xudiciais, algo máis de dous anos despois da súa publicación.

A modificación realizouse mediante a técnica do Real Decreto-Lei, probablemente ante a inminencia da resolución polo Tribunal Constitucional dos recursos interpostos contra ela por diversos partidos e entidades e nas proximidades das datas electorais. Así, ademais, o Goberno evita en gran medida os trámites parlamentarios, nos que tería que explicar o erro e a rectificación. A convalidación do Real Decreto-Lei, non obstante permitirá certo grao de debate parlamentario

Aquí a disposición

Velaí a entrevista concedida por Nieves Santomé, Presidenta do Consello da Avogacía Galega

 

 

 

 

II Congreso Nacional sobre Responsabilidad Civil

Conferencia «Montero Ríos e o dereito»

O Ateneo de Santiago organiza un ciclo de homenaxe a Euxenio Montero Ríos (1832-1914), político e xurista nado en Santiago de Compostela.

O ciclo comeza cunha conferencia impartida no Colexio de Avogados de Santiago, impartida por Modesto Barcia Lago, ex-decano do Colexio de Avogados de Pontevedra. O acto terá lugar ás 20 h. no salón de actos.

Jornada «Nuevas reglas sobre el convenio concursal y la venta de unidades productivas»

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies