Skip to main content

Eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Vigo

O venres 19 de decembro haberá eleccións no Colexio de Avogados de Vigo.

Os candidatos ao cargo de decano son Josefina Barros Riveiro, María Lourdes Carballo Fidalgo e Miguel Hinrichs Gallego. Todos presentan candidatura completa e pódense consultar na páxina do ICA de Vigo.

Pilar López-Guerrero, nova decana do Colexio de Avogados de Ourense

 

 

Onte celebráronse as eleccións ao decanato con listas abertas no Colexio Provincial de Avogados de Ourense. Os postos a renovar eran os de decano, vicedecano, secretaría e dous vogais.

Leer más

Reflexións para a actualización do Dereito Civil de Galicia

Xornada xurídica que terá lugar o 12 de decembro en Vigo.  Organizada polo Colexio Notarial de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza.

Constará de tres mesas de debate na que os ponentes, coordinados por un moderador, expoñerán as súas propostas de actualización e modernización dalgunhas das institucións do dereito galego.

Os temas das mesas serán: Dereito de Familia, Montes Veciñais en Man Común e Dereito de Sucesións.

Eleccións á Xunta de Goberno no ICA Ourense

O 11 de decembro terán lugar as eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Ourense. Renóvanse os cargos do Decanato, Vicedecanato, Secretaría e dous vocais.

I Congreso de Derechos Humanos de la Abogacía Española

A Fundación Abogacía Española organiza os días 10 e 11 de decembro o I Congreso de Dereitos Humáns da Avogacía Española, centrado na prevención dos malos tratos e a tortura.

O evento, aínda que está dirixido principalmente a avogados e avogadas, tamén será punto de encontro de actores relacionados coa materia desde diversas esferas da defensa, o respecto e a protección dos dereitos fundamentais da cidadanía.

O Congreso contará coa participación de Nancy Hollander, avogada e representante legal de dous presos de Guantánamo e da soldado Chelse Manning, condeada polo caso Wikileaks a 35 anos de privación de liberdade.

 

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies