Organiza a Fundación Abogacía Española. Esta edición do Congreso estará adicada á trata de persoas con fins de explotación sexual.
Etiqueta: CGAE

Aula de Dereitos Humáns no ICA Pontevedra
O Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra e a Fundación Abogacía Española organizan a Aula de Dereitos Humáns «As persoas con discapacidade ante os procedementos xudiciais. Os estándares da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade».
A xornada terá lugar o 18 de novembro de 10 a 14 h., no salón de actos do Colexio de Pontevedra.

Xornada «El abogado global»
Xornada de debate sobre os cambios que se están a dar na profesión da avogacía. Formúlase a cuestión sobre que significa ser avogado global, analizando aspectos como a innovación, a calidade, o marketing ou a comunicación.
Aínda que é presencial, a xornada retransmitirase en aberto desde a páxina do Consejo General de la Abogacía Española.

VII Concurso de Microrrelatos sobre Abogados
O Consejo General de la Abogacía Española e Mutualidad General de la Abogacía organizan o VII Concurso de Microrrelatos sobre Abogados.
Calquera cidadán poderá presentar un relato breve sobre avogados, orixinal e inédito, cunha extensión máxima de 150 palabras.

I Congreso de Derechos Humanos de la Abogacía Española
A Fundación Abogacía Española organiza os días 10 e 11 de decembro o I Congreso de Dereitos Humáns da Avogacía Española, centrado na prevención dos malos tratos e a tortura.
O evento, aínda que está dirixido principalmente a avogados e avogadas, tamén será punto de encontro de actores relacionados coa materia desde diversas esferas da defensa, o respecto e a protección dos dereitos fundamentais da cidadanía.
O Congreso contará coa participación de Nancy Hollander, avogada e representante legal de dous presos de Guantánamo e da soldado Chelse Manning, condeada polo caso Wikileaks a 35 anos de privación de liberdade.