Skip to main content

Pontevedra: Conferencias sobre a Reforma do Código Penal

Os días 11 e 18 de xuño, ás 19 horas, celebraranse dús conferencias no Colexio de Avogados de Pontevedra sobre a Reforma do Código Penal (en vigor o 1 de xullo).

As conferencias serán:

  • «A nova regulación das faltas», 11 de xuño. Co Maxistrado-Xuíz Xermán Varela Castejón.
  • «A nova regulación das suspensións e as substitucións das penas», 18 de xuño. Co Maxistrado-Xuíz Miguel Aramburu García-Pintos.

Máis información no Colexio de Pontevedra.

Conferencia sobre o domicilio tributario constitucionalmente protexido

O avogado especialista en Dereito fiscal, Carlos del Pino, impartirá a seguinte conferencia no salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol:

«O domicilio tributario constitucionalmente protexido e a posición do avogado ante a inspección dos Tributos»

Conferencia sobre a LeCrim

O día 21 de maio, o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense organiza a seguinte conferencia:

«O anteproxecto da Lei Orgánica de modificación da Lei de Enxuizamento Criminal para a axilización da xustiza penal, e os proxectos de lei de modificación da Lei de Enxuizamento Criminal do 13 de marzo de 2015»

A conferencia terá lúgar no salón de actos do Colexio de Avogados, e será impartida por Antonio Dorado Picón, Secretario Xeral da Administración de Xustiza.

Este evento forma parte das «I Xornadas da Presunción de Inocencia e a Reforma da Xustiza Penal» (14 abril, 7 e 21 de maio. Ourense).

Conferencia «Expediente administrativo: Dereito de acceso en vía administrativa e a súa valoración en vía xudicial»

Organiza o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra.

O ponente será José Ramón Chaves García, maxistrado do TSX de Galicia.

Conferencia «Xustiza ‘Eterna Reforma'»

Conferencia impartida por Francisco Caamaño Domínguez, Ministro de Xustiza entre o 2009 e o 2011.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies