Organiza o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela.
Etiqueta: cursos

Curso «Coaching e PNL: Ferramentas para o exercicio da avogacía»
Organizado polo Instituto Ben Pensante en colaboración co ICA da Coruña.
Curso de 20 horas presenciais, a realizar os venres do mes de maio.
Límite de 25 prazas.
Máis información sobre o programa e a inscrición na web do Colexio da Coruña.

Curso «O imposto sobre sucesións e donacións na empresa familiar. Alternativas de planificación e aspectos controvertidos»
Conferencia organizada conxuntamente entre o Colexio de Economistas de Pontevedra, os Colexios de Titulares Mercantís de Vigo e Pontevedra e o Instituto de Censores Xurados de Contas de España en Galicia.
Actividade homologada con 2 horas de Formación Obrigatoria para Peritos Xudiciais.
O acto celebrarase o día 24 de marzo na Aula do Colexio de Economistas de Pontevedra.
Data límite de inscrición o 19 de marzo.