Etiqueta: ICA Coruña

Curso de Coaching e PNL
O Colexio de Avogados da Coruña, en colaboración co Instituto Ben Pensante, organiza o curso «Coaching y PNL: Herramientas para el ejercicio de la abogacía».
Trátase de catro xornadas presenciais, de 5 horas cada unha, a realizar entre marzo e abril. Hai un máximo de 25 prazas.
Na web do Colexio pódese consultar máis información sobre os obxectivos da actividade formativa, os contidos, os formadores e a inscrición.

Eleccións no Colexio de Avogados da Coruña
O día 11 de marzo de 2015 celebraranse eleccións no Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
De 11 a 17 horas, os colexiados e colexiadas poderán emitir o seu voto na Sede Colexial.
Os letrados e letradas que voten por correo deberán axustarse ao preceptuado no artigo 68 dos Estatutos Colexiais.

Ciclo de Cine Xurídico
O Colexio de Avogados da Coruña, no seu ciclo de cine habitual, proxectará o filme El secreto de vivir , de Frank Capra.
Acceso libre previa inscripción.