Skip to main content

Conferencia sobre a LeCrim

O día 21 de maio, o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense organiza a seguinte conferencia:

«O anteproxecto da Lei Orgánica de modificación da Lei de Enxuizamento Criminal para a axilización da xustiza penal, e os proxectos de lei de modificación da Lei de Enxuizamento Criminal do 13 de marzo de 2015»

A conferencia terá lúgar no salón de actos do Colexio de Avogados, e será impartida por Antonio Dorado Picón, Secretario Xeral da Administración de Xustiza.

Este evento forma parte das «I Xornadas da Presunción de Inocencia e a Reforma da Xustiza Penal» (14 abril, 7 e 21 de maio. Ourense).

IV Xornadas «Lei Concursal»

Organizan o Colexio Provincial de Avogados de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense.

Coa participación dun gran número de profesionais especializados no eido. A decana do ICA de Ourense tamén colaborará na presentación dunha ponencia.

Máis información sobre o programa e a matrícula na web do Colexio de Ourense.

I Xornadas sobre a Presunción de Inocencia e a Reforma da Xustiza Penal

Organizan as Áreas de Dereito Constitucional e Dereito Procesal da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Colaboran o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, o Consello Social da Universidade de Vigo e a Asociación Galega de Estudios Xurídicos (AGEX).

Terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo os días 14 de abril e 7 de maio. O día 21 de maio celebraranse no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Ourense.

A matrícula será gratuíta para todos os membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo e para os colexiados/as do ICA Ourense. 30 € para os demais interesados.

Respecto á inscrición, deberase remitir un correo electrónico ao enderezo presuncioninocencia@gmail.com, facendo constar nome, apelidos, DNI, enderezo electrónico e estudos/profesión.

 

Ver programa

Eleccións á Xunta de Goberno no ICA Ourense

O 11 de decembro terán lugar as eleccións á Xunta de Goberno no Colexio de Avogados de Ourense. Renóvanse os cargos do Decanato, Vicedecanato, Secretaría e dous vocais.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies