Skip to main content

I Xornadas sobre a Presunción de Inocencia e a Reforma da Xustiza Penal

Organizan as Áreas de Dereito Constitucional e Dereito Procesal da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Colaboran o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, o Consello Social da Universidade de Vigo e a Asociación Galega de Estudios Xurídicos (AGEX).

Terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo os días 14 de abril e 7 de maio. O día 21 de maio celebraranse no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Ourense.

A matrícula será gratuíta para todos os membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo e para os colexiados/as do ICA Ourense. 30 € para os demais interesados.

Respecto á inscrición, deberase remitir un correo electrónico ao enderezo presuncioninocencia@gmail.com, facendo constar nome, apelidos, DNI, enderezo electrónico e estudos/profesión.

 

Ver programa

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies