Skip to main content

Xornada sobre a Lei Reguladora da Xurisdición Social

O 2 de xuño, o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña organiza a xornada «Balance da eficacia práctica da Lei Reguladora da Xurisdición Social».

Máis información na web do Colexio.

IV Xornadas «Lei Concursal»

Organizan o Colexio Provincial de Avogados de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense.

Coa participación dun gran número de profesionais especializados no eido. A decana do ICA de Ourense tamén colaborará na presentación dunha ponencia.

Máis información sobre o programa e a matrícula na web do Colexio de Ourense.

Xornada sobre Responsabilidade de Administradores, Liquidadores, Auditores e Asesores Fiscais

Organiza Thomson Reuters Aranzadi, e colaboran o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Colexio de Economistas da Coruña e o Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais da Coruña.

Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Máis información sobre o programa e matrícula na web do Colexio da Coruña.

I Xornadas sobre a Presunción de Inocencia e a Reforma da Xustiza Penal

Organizan as Áreas de Dereito Constitucional e Dereito Procesal da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Colaboran o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, o Consello Social da Universidade de Vigo e a Asociación Galega de Estudios Xurídicos (AGEX).

Terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo os días 14 de abril e 7 de maio. O día 21 de maio celebraranse no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Ourense.

A matrícula será gratuíta para todos os membros da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo e para os colexiados/as do ICA Ourense. 30 € para os demais interesados.

Respecto á inscrición, deberase remitir un correo electrónico ao enderezo presuncioninocencia@gmail.com, facendo constar nome, apelidos, DNI, enderezo electrónico e estudos/profesión.

 

Ver programa

Xornada sobre dereito administrativo

O Colexio de Avogados de Lugo organiza unha xornada sobre dereito administrativo de aproximadamente unha hora de duración.

A entrada é libre para colexiados e colexiadas.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies