Modelo Bridge – Inscrición

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS EDICIÓNS DE FERROL E PONTEVEDRA ATA O 21 DE ABRIL, INCLUÍDO

 

Forma de inscrición

Dado que existe un número mínimo de alumnos para poder organizar a xornada, habilítanse os seguintes prazos:

  • Prazo de preinscrición: ata o 10 de abril do 2017. Os interesados deberán remitir cuberto este formulario a redes@avogacia.gal .
  • Entre os días 11 e 12 de abril, contactarase cos alumnos, a través do enderezo electrónico ou telefonicamente:
    • De acadarse o número mínimo no Colexio correspondente, poderase formalizar o pagamento da matrícula na aula virtual.
    • De non acadarse o mínimo, informarase dos horarios e datas de celebración noutros Colexios aos que os alumnos poderían asistir, no caso de seguir interesados.
  • Prazo de matrícula: do 18 ao 21 de abril do 2017. A matrícula realizarase polos propios interesados a través da plataforma formativa do Consello, http://avogacia.gal/formacion

 

Prezo

  • Avogados/as exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía: 60 €.
  • Avogados/as non exercentes: 80 €.

 

IMPORTANTE

O número máximo de prazas por Colexio será de 24. O número mínimo de alumnos por xornada será de 17. De non acadarse o número mínimo nalgún dos Colexios, a organización resérvase o dereito de suspender a correspondente xornada antes da formalización da matrícula.

Nese caso, ofreceranse Colexios alternativos aos alumnos/as preinscritos para que poidan realizar igualmente a formación, se continúan a estar interesados.

De terse superado o máximo de prazas, terase en conta a orde de preinscrición.

 

Coñece as datas de celebración nos diferentes Colexios de Avogados de Galicia

Máis información sobre o curso

 

Acceso á aula virtual

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies