A continuación facilítase unha relación dos convenios vixentes asinados polo Consello con outras entidades:
- Convenio entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
- Convenio entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
- Convenio entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello da Avogacía Galega para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.
- Convenio entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello da Avogacía Galega para compensar aos profesionais da avogacía designados en virtude de requirimento xudicial cando non exista un recoñecemento expreso do dereito de asistencia xurídica gratuíta.
- Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.
- Convenio marco de colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e Viaqua Gestión de Agua de Galicia SAU.
- Acordo entre a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega sobre a compensación económica pola asistencia letrada gratuíta.