Ante os últimos acontecementos acaecidos no día de hoxe, o Consello da Avogacía Galega quere manifestar o seguinte:
O Consello lamenta que a ruptura do consenso dentro do comité de folga poida supoñer unha nova pedra no camiño da solución do conflito.
Mais tendo noticia, de novo polos medios de comunicación, da proposta de someter á decisión asemblearia os termos das súas lexítimas reivindicacións, manifestamos o noso desexo de que a participación nesta consulta sexa maioritaria.
A Coruña, 26 de abril de 2018