O 8 de maio do 2019 entrou en vigor o novo Código Deontolóxico da Avogacía. As numerosas reformas lexislativas e os cambios políticos e sociais que afectaron ao exercicio profesional nos últimos anos facían necesaria a actualización do anterior Código do 2002, sen renunciar aos principios que viñeron caracterizando a actuación dos profesionais da avogacía.
O documento, que foi presentado o 9 de maio no marco do XII Congreso da Avogacía en Valladolid, pode considerarse unha obra colaborativa na que participaron todos os conselleiros, os Consellos Autonómicos e os 83 Colexios de Avogados. Tamén realizáronse consultas coas asociacións de consumidores e usuarios, que valoraron moi positivamente o texto que se lles remitiu.