O 27 de xuño, o Colexio de de Avogados de Ourense acordou por unanimidade dos e das asistentes á votación o cambio da súa denominación: «Colexio da Avogacía de Ourense».
En total, 53 colexiados – 50 exercentes e 3 non exercentes- apoiaron a iniciativa da xunta de goberno.
O ICA ourensán é o primeiro en realizar este cambio en Galicia. En España, ata o momento son menos de 20 os Colexios que optaron por unha denominación inclusiva e igualitaria.
Noraboa, compañeiros e compañeiras!