Ramón Jáudenes López de Castro, novo presidente do Consello da Avogacía Galega

Ramón Jáudenes López de Castro, novo presidente do Consello da Avogacía Galega

  • Foi elixido no Pleno do Consello celebrado hoxe coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia e coa presenza de Victoria Ortega Benito, Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española
  • Os novos cargos do Consello foron acordados por unanimidade

A Coruña, 29 de xullo de 2019. O Pleno do Consello da Avogacía Galega reunido hoxe coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia e coa presenza de Victoria Ortega Benito, Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, elixiu por unanimidade novo Presidente do Consello a Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, sucedendo a Félix Mondelo Santos no cargo.

Licenciado en Dereito pola Universidad de Alcalá de Henares, exerce a profesión desde o ano 1990. En 2011 resultou elixido Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra. Ademais é membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e Secretario Xeral do Consejo General de la Abogacía Española.

Nesta reunión do Pleno, Luis Torres Foira, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, foi elixido vicepresidente do Consello da Avogacía Galega mentres que Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, foi reelixida Secretaria-Tesoureira.

Pleno do Consello da Avogacía Galega

O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado do vindeiro modo:

  • Presidente: Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra
  • Vicepresidente: Luis Torres Foira, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol
  • Secretaria-Tesoureira: Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense

Vogais:

  • Félix Mondelo Santos, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo
  • Augusto Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Coruña
  • Lourdes Carballo Fidalgo, Decana do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
  • Francisco Rabuñal Mosquera, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Sobre o Consello da Avogacía Galega

O Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público que representa a profesión de avogado en Galicia. Aglutina e coordina aos sete Colexios da Avogacía: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

É o portavoz da profesión e ten como funcións, entre outras, velar pola formación dos profesionais da avogacía e o control deontolóxico.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies