Ferrol 29 de novembro de 2019. Hoxe ás 19 horas no Museo de Construción Naval de Ferrol (Salón Carlos III), Nieves Santomé Couto, Expresidenta do Consello da Avogacía Galega e Exdecana do Colexio de Avogados de Ferrol recibirá a Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía, a máxima distinción que a avogacía española emprega para recoñecer a labor e o servizo desenvolto por unha avogada/o na súa carreira profesional.
Este insigne recoñecemento será imposto por Victoria Ortega Benito, Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, nun acto que contará coa presenza dun número destacado de personalidades do mundo da Xustiza.
A Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía é a máxima distinción que concede o Consejo General de la Abogacía Española. Tan só cinco profesionais cada ano reciben este galardón por “prestar servizos realmente extraordinarios á Avogacía e as súas institucións”, como recolle o regulamento interno do CGAE.
ENTREGA DA GRAN CRUZ AO MÉRITO NO SERVIZO DA AVOGACÍA A NIEVES SANTOMÉ COUTO, EXPRESIDENTA DO CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA E EXDECANA DO COLEXIO DE AVOGADOS DE FERROL Museo Naval de Ferrol, Salón Carlos III (Cantón de Molins s/n) – 19:00 horas Interveñen: