O Proxecto Europeo Train 2 EN4CE ten como obxectivo principal responder ás necesidades formativas específicas de xuíces, avogados/as, procuradores/as e outros profesionais xurídicos, para que dispoñan da preparación, coñecementos e habilidades necesarias sobre a aplicación e funcionamento dos Regulamentos do Proceso Monitorio Europeo (nº1896/2006) e do Proceso Europeo de Escasa Cuantía (nº 861/2007).
A finalidade da enquisa que segue, é coñecer as necesidades de formación que supón a aplicación do Proceso Monitorio Europeo, así como coñecer a formación desenvolvida en cada Estado membro da Unión Europea e aquela outra que é necesario realizar, evitando as duplicidades que poidan existir. Nunha segunda etapa do proxecto avaliaranse as necesidades referidas ao Proceso Europeo de Escasa Cuantía.
A estos efectos, desde o Proxecto solicitan a colaboración das avogadas e avogados galegos, respondendo de forma anónima ao cuestionario que se atopa na seguinte ligazón:
https://www.1ka.si/a/270887&preview=on
O prazo límite para responder os cuestionarios é o 20 de outubro de 2020.
Moitas grazas pola colaboración.