PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO
Segundo o artigo 20 da Lei Orgánica 1/2004 do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, os Colexios de Avogados, cando esixan para o exercicio da quenda de oficio cursos de especialización, asegurarán unha formación específica que coadxuve ao exercicio profesional dunha defensa eficaz en materia de violencia de xénero.
Este curso, elaborado a partir dun programa aprobado polo CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) e redeseñado pola Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega, responde a esa necesidade formativa.
Foi preparado polo Consello da Avogacía Galega, coa participación de letradas especialistas na materia.
Características do curso:
Para máis información:
**Este curso vai dirixido e dedicado ás avogadas e aos avogados que forman parte da Quenda de Oficio especializada na asistencia a mulleres obxecto de violencia de Xénero.
Todos eles foron recoñecidos polo Goberno de España, a proposta da Delegación do Goberno en Galicia, cos Premios Meninas 2020 polo seu compromiso coa eliminación da violencia contra as mulleres.
Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia.