VI Xornadas de Dereito de Familia

VI Xornadas de Dereito de Familia

Os días 18 e 19 de febreiro terá lugar unha nova edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e polo Consello da Avogacía Galega, coa colaboración da Asociación Española de Abogados de Familia (AEAFA).

A través das súas anteriores edicións, estas Xornadas convirtíronse nun punto de encontro de referencia para os profesionais do Dereito de Familia. Nesta ocasión, abordaranse cuestións de máxima actualidade do Dereito de Familia como novidades legais e xurisprudenciais sobre a situación do menor, técnicas de comunicación, conflitos familiares internacionais e a violencia de xénero.

Ademais prestarase especial atención ao novo paradigma que en materia de discapacidade instaura a Lei 8/2021; pola súa grande trascendencia adicaremos a esta materia de xeito íntegro a xornada do sábado 19.


Para máis información:

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies