O Consello da Avogacía Galega asinou un Convenio de Colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da Avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto e a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.
Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán cubrir o seguinte formulario: https://zoom.us/webinar/register/WN_lwtQxlkgSqWVacEOVjG2Lw#/registration
A inscrición ao programa permanecerá aberta até o día 29 de novembro.
Calendario de clases en liña
- 28 de outubro: «Doutrina recente xurisprudencial do Tribunal Supremo«. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
- 3 de novembro: «Valoración do risco da vítima». Amparo Echávarri Rodríguez, avogada.
- 7 de novembro: «Análise da reforma dos delitos contra a liberdade sexual«. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
- 8 de novembro: «Guía para a toma de declaración ás vítimas de violencia de xénero«. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- 10 de novembro: «Suspensión do réxime de visitas«. María Asunción Álvarez Lois, avogada.
- 15 de novembro: «Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual«. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
- 17 de novembro: «Violencia económica«. Gema Rial Rodríguez, avogada.
- 22 de novembro: «Recursos para mulleres que sofren violencia de xénero, un plus para a avogacía«. Begoña Riveira Barros, avogada.
- 24 de novembro: «Mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero«. Paula Lema Alvarellos, avogada.
- 29 de novembro: «A proba preconstituída ou anticipada en vítimas vulnerables trala reforma da Lei 8/2021«. Gema Rial Rodríguez, avogada.
- 29 de novembro: «Outra forma de violencia de xénero: Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual«. Begoña Riveira Barros, avogada.
Descargar calendario de clases en liña