O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade epara o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O Consello da Avogacía Galega asume a organización e ofrecemento de asistencia letrada, asesoramento xurídico e orientación gratuítos, así como acompañamento inicial na práctica das primeiras dilixencias ás mulleres vítimas de delitos contra a liberdade sexual para aqueles supostos en que non sexa de aplicación o artigo 20 da Lei 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, nas actuacións que teñan causa no dita delito sexual.
Tamén comprométese a que esta atención letrada estea dispoñible todos os días do ano as 24 horas, co obxecto de que a muller vítima de delito sexual dispoña dun avogado especializado contra a liberdade sexual que a asista.