Programa de clases en liña en materia de violencia de xénero 2024

Programa de clases en liña en materia de violencia de xénero 2024

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto e a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de violencia de xénero.


Calendario de clases en liña

  • 24 de outubro, xoves:
    • Violencia económica. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
    • A responsabilidade civil derivada do delito e a insolvencia do reo. Asunción Álvarez Lois, avogada.
  • 31 de outubro, xoves:
    • A proba policial en casos de violencia de xénero. Alejandra Domínguez Pereiras, axente da Policía Nacional.
    • Violencia de xénero e redes sociais. Gema Rial Rodríguez, avogada.
  • 14 de novembro, xoves:
    • Violencia e protección de menores. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
    • Intervención práctica con mulleres estranxeiras. Regularización. Asunción Álvarez Lois, avogada.
  • 27 de novembro, mércores:
    • Xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en materia de violencia de xénero. Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
  • 29 de novembro, venres:
    • Protocolos para a atención a menores en casos de violencia vicaria. Alejandra Domínguez Pereiras, axente de Policía Nacional.
    • Violencia vicaria. Gema Rial Rodríguez, avogada.

Inscrición

Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies