Francisco Rabuñal Mosquera nomeado novo presidente do Consello da Avogacía Galega no pleno celebrado onte en Santiago de Compostela

Francisco Rabuñal Mosquera nomeado novo presidente do Consello da Avogacía Galega no pleno celebrado onte en Santiago de Compostela

  • O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Luis Torres Foira, que concluíu o seu mandato na corporación o pasado mes de setembro.
  • Xosé Manuel Fernández Varela, decano do Colexio de Avogados de Lugo, exercerá de vicepresidente e continúa como secretario da corporación Augusto Pérez- Cepeda Vila, máximo responsable da avogacía coruñesa.

Galicia, xoves 8 de outubro de 2026/ Francisco José Rabuñal Mosquera é o novo presidente do Consello da Avogacía Galega (CAG). O seu nomeamento tivo lugar onte no transcurso do pleno da corporación, celebrado en Santiago de Compostela. O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Luis Torres Foira, que presidiu o CAG durante o último año.

Xosé Manuel Fernández Varela, decano do Colexio de Avogados de Lugo, exercerá de vicepresidente, e continúa como secretario da corporación Augusto Pérez- Cepeda Vila, actualmente máximo responsable da avogacía coruñesa.

Francisco Rabuñal é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cunha dilatada traxectoria profesional na xestión institucional. É o máximo responsable do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela dende o ano 2017 e membro da súa xunta de goberno dende o 2003. Así mesmo, é vocal do Consejo General de la Abogacía Española (CGAE) e tamén foi presidente do CAG no ano 2024.

Desde os seus inicios no sector xurídico, traballa en prol da formación da avogacía e polo respecto á deontoloxía profesional. Posúe un profundo coñecemento da realidade xudicial en Galicia, amosando unha postura realista e crítica respecto das necesidades orzamentarias da Administración.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies