O Consello da Avogacía Galega, xunto co Ilustre Colegio de la Abogacía de Cantabria, o Consejo de la Abogacía de Castilla-La Mancha, o Consejo de la Abogacía de Castilla y León e o Consejo Valenciano de Colegios de la Abogacía, e coa colaboración de Maite, organiza o curso en liña “Uso responsable da intelixencia artificial no ámbito xurídico”. Trátase dunha acción formativa dirixida a profesionais da avogacía e alumnado das escolas de práctica xurídica interesados en coñecer o impacto real da intelixencia artificial no exercicio profesional.
O curso, de carácter eminentemente práctico e multidisciplinar, ofrece unha aproximación rigorosa ás principais ferramentas de IA xerativa, aos seus usos no ámbito xurídico e aos retos que formula desde a perspectiva da deontoloxía profesional, a protección de datos, a propiedade intelectual, a ciberseguridade ou a responsabilidade profesional.
O artigo 6 do Real Decreto 980/2013 esixe aos mediadores a realización de actividades de formación continua, de carácter eminentemente práctico, cunha duración mínima de 20 horas cada cinco anos.
A entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2025 en abril de 2025 impulsa a mediación como mecanismo alternativo de resolución de conflitos no ámbito procesual español. Este curso pretende actualizar e especializar aos mediadores titulados para afrontar a situación derivada desta reforma e ofrecer un servizo de calidade e acorde coas novas esixencias legais.