A comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega coordina os recursos formativos que se imparten de xeito común nos colexios de avogados de Galicia, en colaboración con estes.
A Comisión está formada por:
A Comisión deseña as liñas básicas e a programación dos cursos, e ten o seu propio regulamento, que podes consultar aquí.
Ademais, en coordinación coa secretaría técnica do Consello da Avogacía Galega, desenvolve todas as iniciativas formativas concretas, desde esta plataforma.
Se tes algunha suxestión (mellora da plataforma, proposta de novos cursos) ou queres participar como formador (mínimo 5 anos de experiencia na profesión e currículum), contáctanos 🙂