O Consello ofrece formación especializada aos avogados e avogadas de Galicia para prestaren os servizos profesionais consonte a uns estándares de cualidade elevados.
As actividades formativas realízanse en modalidade presencial, E-Learning ou B-Learning (semipresencial), segundo o programa de cada curso.
Os contidos están elaborados por profesionais especializados e compleméntanse con recursos de interese como publicacións, normativa ou formularios.
A formación do Consello da Avogacía Galega está dirixida aos profesionais da Avogacía de Galicia e das institucións ou colectivos cos que se firme un convenio de colaboración.
Sabemos que na avogacía hai profesionais con gran talento orientado á docencia, letrados e letradas perfectamente preparados para transmitir os seus coñecementos e axudar aos demais no perfeccionamento profesional.
Por iso, a Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega busca ampliar a listaxe de profesores da aula virtual.
Esperamos a túa proposta. Se nos encaixa, chegaremos a un acordo.
Contacta connosco aquí.