Quen somos

Quen somos

O Consello da Avogacía Galega está conformado polos sete colexios da avogacía de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/1993, do 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede radica na Coruña, ao ter alí a súa sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Competencias principais

  • Coordinación da acción conxunta dos colexios da avogacía integrados no Consello.
  • Relacións institucionais coa Administración Autonómica, especialmente coa Dirección Xeral de Xustiza.
  • Potestade disciplinaria: resolución de recursos de alzada contra acordos colexiais ou tramitación directa nos casos que afecten a membros de xuntas de goberno.

Funcións destacadas

As súas funcións son, en esencia, as do Consello Xeral da Avogacía Española, cando estas teñen repercusión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais:

  • Fomentar, crear e organizar actividades formativas e culturais.
  • Convocar congresos, xornadas e simposios relacionados co dereito civil galego e a profesión de avogado.
  • Publicar libros, traballos e normativa de interese para os avogados galegos.
  • Colaborar cos poderes públicos na defensa dos dereitos fundamentais e do Estado de dereito.
  • Exercer as competencias delegadas pola Xunta de Galicia.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies