A Coruña, 29 de xullo de 2019. O Pleno do Consello da Avogacía Galega reunido hoxe coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia e coa presenza de Victoria Ortega Benito, Presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, elixiu por unanimidade novo Presidente do Consello a Ramón Jáudenes López de Castro, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, sucedendo a Félix Mondelo Santos no cargo.
Licenciado en Dereito pola Universidad de Alcalá de Henares, exerce a profesión desde o ano 1990. En 2011 resultou elixido Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra. Ademais é membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e Secretario Xeral do Consejo General de la Abogacía Española.
Nesta reunión do Pleno, Luis Torres Foira, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, foi elixido vicepresidente do Consello da Avogacía Galega mentres que Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, foi reelixida Secretaria-Tesoureira.
Pleno do Consello da Avogacía Galega
O Pleno do Consello da Avogacía Galega queda configurado do vindeiro modo:
Vogais:
Sobre o Consello da Avogacía Galega
O Consello da Avogacía Galega é unha corporación de dereito público que representa a profesión de avogado en Galicia. Aglutina e coordina aos sete Colexios da Avogacía: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
É o portavoz da profesión e ten como funcións, entre outras, velar pola formación dos profesionais da avogacía e o control deontolóxico.