O Consello da Avogacía Galega está conformado polos sete colexios da avogacía de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).
O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/93, de 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede reside na Coruña, por ser o lugar no que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Entre as competencias máis salientables do Consello están:
- A coordinación da acción conxunta dos Colexios de avogados que o conforman.
- As relacións cos órganos da Administración Autonómica especialmente coa Direción Xeral de Xustiza.
- O exercicio da potestade disciplinaria, mediante a resolución dos recursos de alzada interpostos contra os acordos dos colexios neste eido, ou a resolución, en primeira instancia, dos expedientes en materia disciplinaria que afecten a membros das xuntas de goberno dos colexios de avogados, excluído o decano (neste caso a competencia pertence ao Consejo General de la Abogacía Española)
Acceda á seguinte información sobre o Consello: