Curso Práctico de Especialista en Contabilidade

A presenza da Contabilidade nas Ciencias Xurídicas adquiriu unha gran significación conforme á evolución do mundo dos negocios. Os xuristas precisan comprender a linguaxe contable e ter unhas nocións básicas da técnica rexistral contable, dos estados financeiros das empresas e dos traballos e informes realizados polos auditores de contas. Ditos coñecementos seranlles necesarios para afrontar en moitas ocasións a información financeira publicada polas empresas ou conceptos contables específicos, calquera que sexa a rama do dereito á que se adiquen.

Ao longo das dez unidades temáticas do curso analizaranse cuestións coma o balance de situación, o ciclo contable e a contabilidade axustada ao Código do Comercio, entre outras. Cada tema avaliarase mediante exercicios prácticos, que axudarán ao alumno/a a asimilar progresivamente a materia.

A formación é impartida integramente en liña e supón 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 31 de maio do 2018.

Alberto Picos Brage, avogado-economista con máis de 20 anos na profesión e experiencia en asesoramento fiscal, contable e laboral, será o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 31 de decembro do 2017. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 100 €
  • Colexiados/as non exercentes: 130 €

 

Máis información

 

Acceso á aula virtual

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies